Ascese - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Ascese
Do grego "áskesis" (exercicio, preparación para unha proba). Termo procedente da práctica ximnástica que Platón aplicará ao ámbito da moral para referirse á actividade da alma en pos da súa liberación do corporal, a fin de regresar ao seu lugar de orixe.

Os estoicos utilizárono cun sentido similar, como exercicio de abstinencia da alma para controlar as paixóns e o pensamento.

Esta característica da ascese, como exercicio de abstinencia, de privación, de afastamento do sensíbel, é común tamén a varias relixións, como medio para facerlle posíbel á alma á unión co divino, ou como simple exercicio de expiación e purificación.